martes, 21 de febreiro de 2017

E no inverno... CALDO GALEGO!!!!

INGREDIENTES:
  • 1 feixe de grelos
  • 100 g de feixóns a remollo ou fabas brancas
  • 1 bo anaco de unto duns 40 gr
  • ½ kg de patacas
  • 1 óso de lacón
  • 1 óso de caña de tenreira
ELAVORACIÓN:
 
O verdadeiro caldo galego, como menciona o famoso «Picadillo», é un caldo enxebre, que só leva unha mestura de patacas, fabas, verduras, unto de porco rancio e máis nada. Pero, como el mesmo di: «Agora que os galegos temos algo máis de cartos, daremos unha receita máis condimentada». Poñer ao lume un pote con auga, os feixóns ou fabas brancas e os ósos. Poñer os grelos lavados e partidos coas mans nun recipiente diferente con auga fervendo para quitarlles parte do amargor. Retíranse e resérvanse. Cando comece a ferver a auga coas fabas, engadirlle o unto. Ao pasar 45 minutos, incorporar as patacas cortadas en anacos non demasiado grandes e os grelos. Deixar todo ao lume ata que estea ben cocido e, para rematar, rectificar de sal. Cómpre lembrar que o caldo galego se pode elaborar tanto con grelos ­-coma nesta receita- coma con nabizas ou repolo, segundo a tempada.

COMENTARIOS DA DEGUSTACIÓN:
 O caldo coma ben sabemos todos é un dos pratos máis típicos da gastronomía galega. Facer mención á súa sabrosura quédase pouco. Persoalmente somos fans números un do caldo. 

Posdata: o caldo saberá mellor cando se coce nunha pota xa usada e nunha cociña de leña.