martes, 7 de marzo de 2017

Qué hai máis galego que o marisco? E para este bo tempo que nos está vindo... ENSALADA DE MARISCO

Nesta ocasión vamosvos a ensinar como se fai unha boa ensalada de marisco. Prato perfecto para o verán e contando con materia prima de alta calidade, da nosa terra.

INGREDIENTES:
  1. unhos palitos de cangrejo
  2. 1 centolo
  3. 1 lata bonito
  4. 2 patacas
  5. 1 bote olivas recheas
  6. 1 cenoria
  7. 1 bote maionesa
  8. 1 lata espárragos
  9. 1 granada
  10. 1 leituga


    ELAVORACIÓN:

    - Cocemos as patacas e a cenoria, tamén o centolo. 

    - Cando temos todo frío e pelado, cortámolo en cadrados pequenos (menos a leituga, os espárragos e a granada) e mesturámolo coa maionesa.


    - Nunha fonte poñemos toda a mestura no medio, picamos a leituga de forma cativa e situámola arredor do prato. Enriba  da leituga engadimos a granada e adornámolo prato cos espárragos enriba da mesa.


    COMENTARIOS DA DEGUSTACIÓN:

    Estamos a falar dunha receita ideal para unha comida co bo tempo do noso lado. Mestúrese o frescor da leituga co saboroso gusto do marisco. Sen dúbida unha dos pratos máis apetitosos que se poden atopar na terra.

    VARIANTES:


    Ensalada de marisco con salsa rosa.

luns, 6 de marzo de 2017

Que mellor nestas datas que unhas boas filloas? Mmmmm....

  As filloas son un postre tradicional galego que non falta nas sobremesas xantares e celebracións da comunidade galegas. Un postre sinxelo de moi facil preparación que gusta a nenos e maiores ...
 
   Pódense comer soas, con nata, crema, mermelada... E bó proveito.¡¡

  Esta é unha filloa típica do entroido. Tamén se fan con auga, caldo, centeo, sangue.... Pero iso será outro día ... 

INGREDIENTES:
  • 1/2 litro de leite
  • 200g de fariña ( fariña de cociñar, non sexades mal pensados)
  • un anaquiño de unto
  • 50 gramos de manteiga derretida
  • un aroma ao gusto (nós persoalmente aconsellamos o limón ou o anís, aínda que as de canela tamén teñen moita sona)
  • zucre ao gusto

ELAVORACIÓN:

Paso 1º
 

Mezclamos nun cacharriño axeitado todos os ingredientes menos a fariña, que se porá o final, pouco a pouco. Si queda algun bolo, colarémos a masa.
 
Paso 2º
 

Poñemos unha tixola no lume, untada con mantequilla (ou touciño, si se quere ser mais fiel á tradición...) Quentamos ben.
 
Paso 3º
 

Collemos como 1/2 cucharón de masa que extenderemos na tixola , movéndona suaviño. Cando esté callada, levantaremos un borde axudados con unha culler , e collido cos dedos, daremoslle volta sin medo. Un pouco mais no lume...e fora: a un plato. Botamolle azucar e canela ó gusto. ... E bó proveito. 

COMENTARIOS DA DEGUSTACIÓN:

Neste aspecto gustaríanos mencionar unha cita do noso colaborador Miguel Domínguez: "se as filloas son de anís, pámomas todas nun plis". Penso que sobran as palabras a respeto deste plato, esperamos que vos guste e... BO PROVEITO!