luns, 6 de marzo de 2017

Que mellor nestas datas que unhas boas filloas? Mmmmm....

  As filloas son un postre tradicional galego que non falta nas sobremesas xantares e celebracións da comunidade galegas. Un postre sinxelo de moi facil preparación que gusta a nenos e maiores ...
 
   Pódense comer soas, con nata, crema, mermelada... E bó proveito.¡¡

  Esta é unha filloa típica do entroido. Tamén se fan con auga, caldo, centeo, sangue.... Pero iso será outro día ... 

INGREDIENTES:
  • 1/2 litro de leite
  • 200g de fariña ( fariña de cociñar, non sexades mal pensados)
  • un anaquiño de unto
  • 50 gramos de manteiga derretida
  • un aroma ao gusto (nós persoalmente aconsellamos o limón ou o anís, aínda que as de canela tamén teñen moita sona)
  • zucre ao gusto

ELAVORACIÓN:

Paso 1º
 

Mezclamos nun cacharriño axeitado todos os ingredientes menos a fariña, que se porá o final, pouco a pouco. Si queda algun bolo, colarémos a masa.
 
Paso 2º
 

Poñemos unha tixola no lume, untada con mantequilla (ou touciño, si se quere ser mais fiel á tradición...) Quentamos ben.
 
Paso 3º
 

Collemos como 1/2 cucharón de masa que extenderemos na tixola , movéndona suaviño. Cando esté callada, levantaremos un borde axudados con unha culler , e collido cos dedos, daremoslle volta sin medo. Un pouco mais no lume...e fora: a un plato. Botamolle azucar e canela ó gusto. ... E bó proveito. 

COMENTARIOS DA DEGUSTACIÓN:

Neste aspecto gustaríanos mencionar unha cita do noso colaborador Miguel Domínguez: "se as filloas son de anís, pámomas todas nun plis". Penso que sobran as palabras a respeto deste plato, esperamos que vos guste e... BO PROVEITO!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario