- 1 feixe de grelos
- 100 g de feixóns a remollo ou fabas brancas
- 1 bo anaco de unto duns 40 gr
- ½ kg de patacas
- 1 óso de lacón
- 1 óso de caña de tenreira
O verdadeiro caldo galego, como menciona o famoso «Picadillo», é un caldo enxebre, que só leva unha mestura de patacas, fabas, verduras, unto de porco rancio e máis nada. Pero, como el mesmo di: «Agora que os galegos temos algo máis de cartos, daremos unha receita máis condimentada». Poñer ao lume un pote con auga, os feixóns ou fabas brancas e os ósos. Poñer os grelos lavados e partidos coas mans nun recipiente diferente con auga fervendo para quitarlles parte do amargor. Retíranse e resérvanse. Cando comece a ferver a auga coas fabas, engadirlle o unto. Ao pasar 45 minutos, incorporar as patacas cortadas en anacos non demasiado grandes e os grelos. Deixar todo ao lume ata que estea ben cocido e, para rematar, rectificar de sal. Cómpre lembrar que o caldo galego se pode elaborar tanto con grelos -coma nesta receita- coma con nabizas ou repolo, segundo a tempada.
COMENTARIOS DA DEGUSTACIÓN:
O caldo coma ben sabemos todos é un dos pratos máis típicos da gastronomía galega. Facer mención á súa sabrosura quédase pouco. Persoalmente somos fans números un do caldo.
Posdata: o caldo saberá mellor cando se coce nunha pota xa usada e nunha cociña de leña.

Gosto muito disto!!!
ResponderEliminarI love this fucking page, "caldos"' taste is amazing!! I love it!
ResponderEliminar